Bo día familias. Debido á actual situación, dende a aula de AL creamos este novo blog para ofrecervos unha serie de recursos. Trátanse de actividades de diferente índole ás que poderedes acceder dende o symbaloo creado. As actividades son de... Praxias : son exercicios a realizar cos órganos que toman acción cando falamos como serían os dentes, os beizos, a lingua, o padal... Exercicios Respiración, sopro e relaxación : neste apartado atoparedes actividades e xogos para traballar o control da respiración e do propio corpo, a inspiración e a espiración. Exercicios Onomatopeas : as onomatopeas son os sons que realizan os obxectos e as letras, que si nos referimos a elas por como soan, chámanse fonemas. Aquí encontraredes xogos para traballar os sons da vida cotiá e tamén daqueles vencellados directamente cos fonemas. Exercicios Fonemas : neste caso as actividades estarán divididas por fonemas a traballar. Atoparedes pois diferent...