De falar vai a cousa
Bo día familias. Debido á actual situación, dende a aula de AL creamos este novo blog para ofrecervos unha serie de recursos. Trátanse de actividades de diferente índole ás que poderedes acceder dende o symbaloo creado.
As actividades son de...
- Praxias: son exercicios a realizar cos órganos que toman acción cando falamos como serían os dentes, os beizos, a lingua, o padal...
- Respiración, sopro e relaxación: neste apartado atoparedes actividades e xogos para traballar o control da respiración e do propio corpo, a inspiración e a espiración.
- Onomatopeas: as onomatopeas son os sons que realizan os obxectos e as letras, que si nos referimos a elas por como soan, chámanse fonemas. Aquí encontraredes xogos para traballar os sons da vida cotiá e tamén daqueles vencellados directamente cos fonemas.
- Fonemas: neste caso as actividades estarán divididas por fonemas a traballar. Atoparedes pois diferentes xogos ou alguna App para traballar o fonema /r/ forte e suave, o /s/, o /z/, o /k/ e a /l/.
En próximas publicacións engadiremos novos Webmix para traballar os prerrequisitos da linguaxe, moi importantes para un axeitado desenvolvemento do proceso lecto- escritor.
Comentarios
Publicar un comentario