Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2020

Cousiñas básicas

Imaxe
Bo día! Nesta entrada deixovos un enlace para un webmix algo variado baseado en ámbitos moi importantes tanto para adquisición da linguaxe como a posterior lecto- escritura. As actividades estarían referidas a... Prerrequisitos da linguaxe, entre os cales profundizaremos na atención, memoria e discriminación visual. Orientación espacial, referida a conceptos espaciais básicos como arriba e abaixo ou ben, a conceptos de lateralidade de especial importancia para o desenvolvemento de lectura e escritura. Seguimento de instrucións. Vocabulario . Exercicios

De falar vai a cousa

Imaxe
Bo día familias.  Debido á actual situación, dende a aula de AL creamos este novo blog para ofrecervos unha serie de recursos. Trátanse de actividades de diferente índole ás que poderedes acceder dende o symbaloo creado. As actividades son de... Praxias : son exercicios a realizar cos órganos que toman acción cando falamos como serían os dentes, os beizos,  a lingua, o padal... Exercicios Respiración, sopro e relaxación : neste apartado atoparedes actividades e xogos para traballar o control da respiración e do propio corpo,  a inspiración  e a espiración. Exercicios Onomatopeas : as onomatopeas son os sons que realizan os obxectos e as letras, que si nos referimos a elas por como soan, chámanse fonemas. Aquí encontraredes xogos para traballar os sons da vida cotiá e tamén daqueles vencellados directamente cos fonemas. Exercicios Fonemas : neste caso as actividades estarán divididas por fonemas a traballar. Atoparedes pois diferentes xogos ou alguna